Quico Cadaval

Un espectáculo de narración oral que se leva transformando nos últimos quince anos acomodándose ás circustancias ambientais, inclemencias do clima, ás experiencias persoais do artista e aos terrores mais íntimos do público. O espectáculo criase a partir de estorias da tradición oral que se deformaron pouco a pouco, na xira mundial inacabada na que Quico Cadaval traslada aos públicos dos catro continentes as estórias da sua terra natal para comprobar se son universais. Antes de chegar ao Liceum do Porriño, e a modo preparatorio, Quico Cadaval paseou os seus fantasmas por festivais tan importantes como o de Bucaramanga en Colombia, Déjame que te Cuente, en Lima, Festival de Teatro de Almada, en Portugal, Festival Iberoamericano de Teatro de Bogotá, A Feira do Libro da Habana, A leitura de El Quijote no Círculo de Bellas Artes de Madrid en España, Maratón dos Contos de Guadalajara, tamén en España, na Fundaçao Gulbenkian en Paris, en prestixiosas universidades de Alemaña, Polonia e Portugal, e tamén na de Santiago
Transitan espectros, valentes, milagreiros, peixeiras, mariñeiros, mitos do rock, líderes relixiosos, taberneiras, reis, golpistas, presos, adiviños, sicarios, prostitutas, axentes da orde, industriais, cantores melódicos, gandeiros, mais non é seguro que se aparezan todos.

gl.wikipedia.org/wiki/Quico_Cadaval

 

 

www.000webhost.com