Sérgio Tannus

Sérgio Tannus é, hoxe por hoxe, un dos artistas máis completos da “safra brasileira”. Autodidacta e cidadán do mundo, o artista comezou a súa traxectoria musical profesional moi cedo, aos 14 anos. Despois de moitos anos acompañando a diversos artistas, decidiu gravar o seu primeiro proxecto musical en solitario titulado Múltiplos caminhos, onde asinou todas as composicións e arranxos. Dese xeito Tannus confirmaba e consolidaba a súa versatilidade e calidade musical, gravando todos os instrumentos do álbum. Grazas a este traballo emprendeu unha longa xira por diversos países europeos, como Francia, Alemaña e Portugal. No seu periplo polo vello continente descubriu Compostela, onde decidiu quedar a vivir.
Desde a súa chegada a Galiza, ven compartindo experiencias e colaboracións, como músico acompañante e/ou produtor musical, con artistas como Uxía, Antonio Zambujo, Carlos do Carmo, Chico Cesar, Lenine, João Afonso, Kepa Junkera, entre moitos outros.
Un proxecto de gran porte e numerosos colaboradores, con cancións e arranxos orixinais do propio Tannus, sempre apoiado pola formación base que conforma o seu trío xunto a Gutier Álvarez e Paulo Silva.
Acompañárono en Son Brasilego moitos daqueles artistas galeg@s que o coñeceron e que compartiron con el grandes momentos musicais en todos eses anos que leva vivindo na Galiza. É un traballo que aposta polo intercambio, polo achegamento cultural e persoal, pola fusión de ideas, polos ritmos e as raíces comúns. Trae ademais da música intuitiva, a reflexión sobre a nosa identidade e irmandade -e por riba de todo- sobre o futuro das mesmas a través da música e desa sonoridade atlántica que nos fai a todos ser “brasilegos”.
Sergio Tannus estará ás guitarras, voz e percusións; Gutier Álvarez á zanfona, violín e gaita; e finalmente, Paulo Silva á percusión

www.culturactiva.org/artista.php?lang=ga&id=129




 

 

 

 

www.000webhost.com