Allegro Teatro

En Ñaque crúzanse dúas épocas, dous momentos diferentes no tempo. O S. XVI, época da que veñen os dous protagonistas e o momento actual, no que vive o público, o S.XXI. Solano e Ríos, actores condenados a viaxar no tempo, a reaparecer en calquera teatro, en calquera momento para volver representar o seu repertorio, son a esencia mesma do teatro. A súa pervivencia, a súa tenacidade, a súa necesidade de público, a súa capacidade para conmover, para emocionar ou facer rir, é o que realmente dá sentido a esa estraña relación que se produce entre eses seres anónimos que se sentan na sala a observar aos protagonistas do drama.
Provistos dun arcón onde gardan o seu escaso aparello teatral, como corresponde á súa condición, os dous van desgranando toda a súa arte e recordando as súas andanzas, establecendo unha relación de necesidade con ese ser anónimo que permanece na sala e que, aparentemente, só mira e escoita.
Solano e Ríos son carne da carne e sangue do sangue do público. Ante os seus ollos son felices, infelices, descarados, inseguros, tímidos, artistas, pícaros, tenros. O seu medo e a súa alegría son tamén as dos espectadores. A súa existencia depende da súa atención, a súa pervivencia da súa memoria. Ñaque é, pois, unha obra plenamente contemporánea, malia o seu aparente tema clásico.
O reparto da obra confórmano Suso Cobián (Suso Marnu) é Solano, Carlos Rodríguez Canas (Carlos Canas) é Ríos.

www.facebook.com/pages/Teatro-Allegro/406189109483507

 

 

www.000webhost.com