Olga Cerviño & Ana Cortizo (15 de maio ao 15 de xuño)

Olga Cerviño , pintora nacida en Bueu ( Pontevedra ) o 24 de marzo de 1966, empezou hai doce anos manexando os útiles de pintura como forma de relaxación e de ocupar o seu tempo de ocio. A súa primeira exposición foi no 2004. Os seus cadros, dunha pintura reflexiva, están cheos de personalidade, sentimento, expresión e vitalidade, mesturando o realismo coas emocións.

A Pintora Ana Cortizo , nacida en Bueu ( Pontevedra ) o 19 de xuño de 1966. Comenzou a súa andaina pictorica hai doce anos. A súa primeira exposición foi no 2004. Pintora Abstracta, a súa pintura é valente, arriscada e chea de espontaniedade . Nos seus trazos conviven a mancha, o xesto e as xeometrías .

www.galizarte.com







 

 

www.000webhost.com