> ESCENARIO (MEDIDAS): 5,30 de ancho x 3,60 de fondo

>SALA (MEDIDAS): 7,50 x 15 m

> EQUIPO DE SON (CARACTERÍSTICAS): Mesa dixital Behringer DDX 1632 16 canais.
12 canais de mic. + 4 líña.
4 envíos de efectos. Dous revers + dous delay/flanger.
Porta + compresor por canal.
4 saidas auxiliares.

Eq. P.A. Dbx 231 Graphics Equalizer.
Eq Monitores Ultragraph Pro 15 Band stereo + IMG StageLine Meq-115 stereo.
Microverb III Alexis

Monitoraxe
2 Sidefills mod.Audio Centron + etapa DAT BA-1500
2 monitores db, 7 opera 180 w auto amplificados

Microfonía
1 D-112 AKG
3 E-604
4 micros Shure SM-48.

2 micros Shure SM-58.
1 micro Shure SM-57.
2 micros AKG 419 pinza.
1 micro Behringer de condensador B-5.

outros
2 caixas de inxección Behringer DI100.

P.A.
Sistema de amplificación Martin Audio , con potencia e rendemento axeitado a capacidade da sala.
4 altofalantes modelo BlackLine F-12 + 2 subgraves.
Procesador Dbx DriverRack PA+
Etapa Crest CPX-2600
Etapa Crest CPX-1500
Etapa Berhinger EP-2500

Luminotecnia
1 Mesa dmx 192 canles JB Sistems
1 Dimmer pack 4 canles Dune Pro
6 Focos Par 56 300w C/u.
4 Focos DMX Par 64 RGB a led Dune Pro
2 Cambia color DMX 295led RGB Dune Pro
1 Foco de recorte zoom 600w Eurolite

Posibilidade de conseguir todo o material auxiliar necesario.
A sala conta con técnico de son propio (dos mellores de Galiza) e despois de mais de 200 concertos os grupos opinan que ten moi bo son.

> CONDICIÓNS ECONÓMICAS: Cobramos sempre entrada cuxo prezo consensuamos co grupo. A intención sempre é que a sala, se o concerto vai ben, venda moitas copas e o grupo recade moito de entradas e teña unha boa promoción. Cando cubrimos tódolos gastos: comidas, técnico, publicidade, etc., adoitamos ir ao 50%. Tamén podemos dar o 100% e que se nos pague a produción que ciframos en 100 euros

> PUBLICIDADE (QUE REALIZA A SALA): 1000 Carteis (2 tintas) e 1500 Trípticos. A parte fanse tiras para pegar cos carteis oficiais dos grupos. Faise un "mailing promocional" moi amplo, de máis de 3.000 enderezos, cubrindo todos os xornais e radios de Galiza e mesmo algún de Madrid e Portugal. Emprégase tamén a páxina web oficial do Bar Liceum (www.barliceum.com) e a paxina de Clubtura (asociación galega de salas de música ao vivo) ( www.clubtura.org ) para incluír toda a programación dos concertos, grupos, etc. e a rede social Facebook para incluír toda a programación dos concertos, grupos, etc.

> OBSERVACIÓNS: A sala cremos que é unha das máis coñecidas de Galiza. Está a 15 Kms. de Vigo. Ten máis de 100 anos de historia e está nun edificio catalogado como patrimonio a conservar. Prográmase dende o ano 1993 e leva tocado o mellor de Galiza, España e Portugal que se move en salas.

 

 

www.000webhost.com